Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 17 xul 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 20 DE XULLO DE 2009.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 2 de xullo, da extraordinaria e das dúas sesións extraordinarias e urxentes do 7 de xullo de 2009.


ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
2.- Contratación artística do grupo musical Fuxan os Ventos para as Festas de Verán de 2009. Expte. 3228/335.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Dar conta das seguintes Sentenzas e Autos:

a) Auto do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 14/2009. Demandante : D. DIEGO CABALEIRO REÑONES. Obxecto: Desestimación "presunta" de reclamación patrimonial (expte. 1851/243) Desestimento da actora.

b) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 96/2009. Demandante: D. CESAR DORADO CALVIÑO. Obxecto: Sanción de tráfico (Expte. 088678259) Desestimado o recurso.

c) Sentenza do X.Contencioso-Administrtivo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.O. 448/08. Demandante: Dª. CARMEN CRESPO VÁZQUEZ. Obxecto: resolución do 18.09.09 desestimatoria de reclamación sobre Inventario, cño. Do Rial, Comesaña (expte. 18198/240). Desestimado o recurso.

d) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 213/08 P.O. Demandante: D. EDUARDO GARCIA BARRIO. Obxecto: Resolución do 26.03.08 desestimatoria de reclamación patrimonial (expte. 1236/243). Desestimado o recurso.

e) Auto do TSXG no RC-A P.O. 941/2004, rec. súplica interposto por ASOCIACIÓN AMIGOS DE LOS PAZOS contra Auto anterior do TSXG que declara rematado dito recurso contencioso-administrativo. Obxecto: Depósito ungüentario palestiniano. Desestimado recurso súplica.

f) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 105/2009 P.A. Demandante: D. David Díaz Vázquez. Obxecto: Desestimación de reclamación relativa á selección de contrato laboral temporal de asesor/a medioambiental (expte. 5427/77) Desestimado o recurso.



g) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 d eVigo no RC-A nº 113/09 P.A. Demandante: GRUPO EUROGRAMCO S.L. Obxecto: Resolución Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo sobre liquidacións IAE (Expte. 37378/516). Desestimado o recurso.

h) Sentenza do TSXG no RC-A nº 2/5251/03 P.O. Demandante: D. RAFAEL ARENAS CASAS. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación patrimonial. Desestimado o recurso.

i) Sentenza do TSXG no RC-A nº P.O. Demandante: D. SAUL VIDAL HERNÁNDEZ. Obxecto: Sanción de tráfico (expte. 088633792) Desestimado o recurso.

k) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 149/2009 P.A. Demandante: Dª. CONCEPCIÓN SUÁREZ FERNÁNDEZ. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación patrimonial (expte. 1981/243) Desestimado o recurso.

l) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 158/2009. Demandante: D. MANUEL ROJO FERNÁNDEZ. Obxecto: sanción tráfico (expte. 088736959) Desestimado o recurso.

m) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 130/2009. Demandante: D. PABLO MIRANDA VALENCIA. Obxecto: Sanción de tráfico (expte. 088720829). Desestimado o recurso.

n) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 199/2009. Demandante: D. JOSÉ M. BASTOS PUENTES. Obxecto: Desestimación presunta de reclamacións en relación coa promoción interna a cabos na Policía Municipal. Desestimado o recurso.

o) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº P.A. 154/2009. Demandante: HERMANOS LOURIDO S.L. Obxecto: resolución do 17.02.09 sobre devolución de ingresos indebidos (lixo industrial) Expte. 37058/516. Inadmisible o recurso.

p) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº P.A. 75/2009. Demandante: D. SERGIO L.ARAÚJO RODRÍGUEZ. Obxecto: inexecución de resolución da X.Goberno local do 28.11.05 estimatoria de reclamación patrimonial (expte. 14890/240). Estimado o recurso.

q) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 10/09 P.A. Demandante: D. SERGIO FEIJOO TORRES. Obxecto: acordo Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo desestimatorio de reclamación contra constrinximento en relación co IAE 2001 e 2002. Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
4.- Ampliación de acordo da Xunta Goberno local do 7.04.09 sobre axudas destinadas a proporcionar un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa Mobilidade, utilizando bono-taxi, ano 2009. Expte. 4544/301.

CONTRATACIÓN
5.- Expediente de contratación da instalación e explotación de servizos de tempada de praias no Concello de Vigo. Expte. 2618/241.

6.- Devolución de garantías:
a) Mª Jesús Barreiro García. Expte. 2749/241.
b) Antonio Suárez Davila. Expte. 2750/241.

IGUALDADE
7.- Prórroga da cesión temporal da vivenda municipal identificada no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co nº F-00473-C-008. Expte. 4008/224.

MEDIO AMBIENTE
8.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de gasto menor no servizo de Medio Ambiente durante o mes de xuño de 2009. Expte. 6520/306.

PARQUE MÓBIL
9.- Baixa de vehículo da flota municipal para despezamento. Expte. 6779/445.

SERVIZOS XERAIS
10.- Sistema de facturación por consumo eléctrico e de calefacción no Edificio do Rectorado e o seu anexo. Expte. 107/440.

11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Zona Franca para a realización de obras no entorno do polígono de Balaídos. Expte. 109/440.

XUVENTUDE
12.- Solicitude de subvención á Consellería de Traballo e Benestar para promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías durante o ano 2009. Expte. 2556/336.

13.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 20 de xullo de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 17 de xullo de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.