O alcalde inaugura a humanización do entorno do mercado de Bouzas, "unha débeda da cidade" coa parroquia<br />
Abel Caballero, xunto con outros membros da Corporación Municipal, acudiron hoxe xoves ás proximidades do mercado de Bouzas para visitar a recén rematada humanización do entorno, nas rúas Pescadores, Poeta Añón, Covadonga, Eduardo Cabello e Alfredo Brañas. Preto de 300.000 euros de investimento para saldar "unha débeda da cidade con Bouzas", salientou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe xoves acompañado doutros membros da Corporación Municipal de Vigo á inauguración simbólica da humanización do entorno do mercado de Bouzas.
Abel Caballero mostrou a súa "satisfacción" pola "humanización certamente relevante" que se está a levar a cabo na parroquia viguesa, o que "ir pagando unha débeda da cidade con Bouzas". O alcalde tamén explicou que o Concello quixo rematar a obra antes da celebración das festas, que terán lugar esta próxima fin de semana.
Os traballos de mellora pechan a primeira fase da humanización do barrio de Bouzas e supón case 300.000 euros de investimento. As rúas afetadas pola acción municipal foron Pescadores, Poeta Añón, Covadonga, Eduardo Cabello e Alfredo Brañas. En xeral, en todos os casos conseguiuse unha ampliación das beirarrúas frente ao espazo ocupado polos vehículos, con mellora das redes de saneamento, abastecemento e iluminación.
Descargar todas as imaxes