xoves, 16 xullo 2009

Santi Domínguez anuncia a adquisición dun pazo e outros dos inmobles no Casco Vello para a pinacoteca municipal

xoves, 16 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que acaban de adquirirse tres inmobles na rúa Abeleira Menéndez, un deles o pazo de Arias Taboada, para a ubicación da pinacoteca municipal, que será un novo centro expositivo do Museo da Cidade. O concelleiro asegurou que esté é o punto de partida para cumprir o compromiso de ter un lugar axeitado para expoñer os fondos pictóricos de Castrelos, que agora non se poden amosar por falta de espazo.

O alcalde inaugura a humanización do entorno do mercado de Bouzas, "unha débeda da cidade" coa parroquia<br />

xoves, 16 xul 2009

Abel Caballero, xunto con outros membros da Corporación Municipal, acudiron hoxe xoves ás proximidades do mercado de Bouzas para visitar a recén rematada humanización do entorno, nas rúas Pescadores, Poeta Añón, Covadonga, Eduardo Cabello e Alfredo Brañas. Preto de 300.000 euros de investimento para saldar "unha débeda da cidade con Bouzas", salientou o alcalde.

Tráfico habilitará lanzadeiras cada cinco minutos desde Travesas para presenciar o Festival Aéreo en Samil

xoves, 16 xul 2009

O concelleiro de Mobilidade e Transporte, Xulio Calviño, presentou este xoves o plan de tráfico habilitado para o Festival Aéreo Internacional de Vigo do vindeiro domingo, baixo a premisa de "potenciar o transporte público". Ademais das lanzadeiras, delimitaranse carrís bus nas Avenidas de Castelao e Europa e restrinxirase nesta última o paso de vehículos privados en dirección Samil.