Santi Domínguez anuncia a adquisición dun pazo e outros dos inmobles no Casco Vello para a pinacoteca municipal
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que acaban de adquirirse tres inmobles na rúa Abeleira Menéndez, un deles o pazo de Arias Taboada, para a ubicación da pinacoteca municipal, que será un novo centro expositivo do Museo da Cidade. O concelleiro asegurou que esté é o punto de partida para cumprir o compromiso de ter un lugar axeitado para expoñer os fondos pictóricos de Castrelos, que agora non se poden amosar por falta de espazo.
Santi Domínguez lembrou que a pinacoteca é unha vella reivindicación da cidade á que, por fin, desde a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Patrimonio Histórico estamos a dar resposta. Segundo explicou, agora vai ser posible que "esta cidade poña en valor toda a súa obra pictórica".
Os edificios adquiridos son os números 8, 10 e 12 de Abeleira Menéndez. O primeiro deles é un pazo construído no século XVII. "Quixemos que o edificio que albergara a pinacoteca fora un inmoble singular e este pazo o é", indicou o tenente de alcalde.
Santi Domínguez explicou que o seu primeiro propietario foi Diego Árias Taboada, mestre de campo e gobernador da praza no século XVII. Árias Taboada foi o encargado de organizar a defensa para rexeitar ao invasor portugués na guerra do século XVII. Tamén foi obra súa un plan de fortificación e unión das fortalezas de O Castro e San Sebastián.
Do pazo salienta o carácter barroco dos seus valados, cornixa e ménsulas en chanzos sobre as que descansan pequenos balcóns. Santi Domínguez sinalou que ten un escudo de armas de Taboada e Figueroa no centro da fachada.
O tenente de alcalde explicou que o obxectivo prioritario desta actuación é dispor dun espazo axeitado para os fondos do Museo da Cidade, pero tamén "quixemos que este proxecto permitira contribuir á rexeneración ambiental é urbanística da parte alta do Casco Vello, coa que estamos absolutamente comprometidos". Asegurou que a pinacoteca será unha dotación cultural singular e como tal vai ser un elemento de dinamización fundamental para o barrio.
A pinacoteca terá unha superficie edificable de 1.330 metros cadrados e unha superficie expositiva de 1.400 metros cadrados. A actuación prevista para a pinacoteca completarase cun centro de tratamento, para traballar na recuperación e documentación de toda a obra pictórica. Este centro ubicarse nun edificio situado tamén no Casco Vello, neste caso na rúa Chao, que recentemente ten adquirido o Concello ao Consorcio do Casco Vello.
O tenente de alcalde explicou que a compra dos tres edificios de Abeleira Menéndez supuxo un investimento de 1.850.000 euros. E o orzamento de Eduardo Chao, que terá outros usos ademais do centro de tratamento, foi de 885.000 euros.
Santi Domínguez adiantou que xa se está a traballar na elaboración do proxecto expositivo, que se presentará no mes de setembro. A previsión é ter antes de final de ano rematados todos os trámites administrativos e o proxecto de rehabilitación e iniciar as obras no primeiro trimestre do vindeiro ano.
Descargar todas as imaxes