Exposición "10 anos de banda deseñana galega" no Verbum
Do mércores 15 de xullo ao domingo 30 de agosto en horario de martes a domingo de 10 a 21 horas poderá visitarse no museo Verbum - Casa das Palabras a exposición temporal "10 anos de BD galega", a banda deseñada galega actual.
A banda deseñada galega vén experimentando dende os últimos dez anos un pulo sen precedentes, consolidándose como unha das mellores canteiras de produción do Estado. Mostra disto é a presenza de Galicia nos salóns do cómic máis prestixiosos de Europa, como son o de Angoulême ou Barcelona.
Non é sinxelo resumir nunha mostra o que supuxeron no panorama creativo estes dez últimos anos. A través dunha escolma de autores que foron convidados a participar, escollendo eles mesmos dúas páxinas publicadas neste período, preténdese deixar albiscar algo do que hai nesta "eclosión" da BD galega. Para a selección procurouse valorar as traxectorias en todo tipo de cómics, dende os dos autores máis consolidados até os das promesas emerxentes, que deixan constancia da multitude de propostas que teñen cabida na banda deseñada galega actual. Moito futuro queda aínda por diante, mais o contido desta exposición demostra que pode ser encarado con optimismo.
Descargar todas as imaxes