Escoitar

O Festival Aéreo de Vigo será "máis completo e potente" con presenza en "terra, mar e aire"

O alcalde, Abel Caballero, o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o organizador do evento, Pablo González, presentaron este luns o Festival Aéreo Internacional de Vigo 2009, que celébrase o vindeiro domingo e procura ser "referente en España e Europa". O Concello agarda a visita de 350.000 persoas pola presenza de buques da Armada e avións inéditos en España.

luns, 13 xul 2009
1247487277FAV09.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este luns co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o organizador, Pablo González, o Festival Aéreo Internacional de Vigo 2009, un evento que este ano será "máis completo e potente" con participación en "terra, mar e aire".

Vigo acollerá no Festival a presenza de Ramón Alonso, piloto acrobático campión mundial; avións inéditos en Vigo, como o Extra 300 da Armmé do Air ou o Helicóptero de Rescate SAR; e aeroplanos nunca vistos en España, como a Patrulla acrobática italiana Pioneer Team. Tamén sobrevoarán a cidade un F-18, un Harrier, e un biplano Antonov, entre moitos outros.

Abel Caballero indicou que o dispositivo de seguridade e transporte para o evento estima a presenza de 350.000 visitantes para o Festival Aéreo de Vigo, que conta co respaldo do Exército do Aire, de Aeroportos Nacionais e da Aviación Civil. O obxectivo é "continuar coa liña ascendente" para posicional ao evento no "top europeo" e "referente en España", segundo afirmou o alcalde.

Programación
O FAV09, que se celebrará o vindeiro domingo 19 de xullo en Samil, conta cun amplo abano de actividades previas que se están a celebrar actualmente. O VERBUM xa acolle dous avións do Museo do Exército do Aire, o T-6 e o SuperSaeta, expostos para ser visitado polo público en xeral.

Ademais, mañá martes habilítase a exposición da Armada "20 anos na Antártida" no Centro Cultural Caixanova; o mércores o alcalde visitará a reproducción de avións que participaron no servizo da historia aeronáutica española, mostra que estará localizada no sexto andar de El Corte Inglés.

O vindeiro xoves, o alcalde e a Patrulla Águila visitarán a unidade de pediatría do Hospital Xeral de Vigo, como ven sendo habitual cada ano, e comezarán tamén os ensaios e os entrenos para o FAV09 do domingo.

Para o venres, o público poderá visitar a fragata da Armada española F-100, ubicada no Porto de Vigo, e o buque escola Juan Sebastian Elcano desplegará as súas velas durante toda a xornada ao longo da Ría de Vigo.
Descargar todas as imaxes