Abre a Feira do Libro de Vigo
A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros desde hoxe venres ata o 19 de xullo coa celebración da XXXV Feira do Libro de Vigo.O escritor Francisco Castro será o encargado da lectura do pregón inaugural ás 20:30 horas despois da actuación da Asociación Monteira – Grupo de Danzas do Mundo, de Vigo.
Nesta edición haberá 16 casetas expositoras. A feira poderase visitar e asistir ás actividades en horario de mañá de 11.00 a 14.00 e de tarde de 18.00 a 22.00.
Todos os día haberá un sorteo dun vale de 60 € para mercar libros na feira e un sorteo dun lote de libros entre todoas as persoas que merquen libros na feira.
Durante a feira, os libros terán un 10% de desconto.
Descargar todas as imaxes