Escoitar

O Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo disputarase o sábado coa participación de 124 deportistas

O vindeiro sábado celebrarase no estadio municipal de atletismo de Balaídos a trixésima edición do Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en pista, que nesta ocasión contará coa participación de 124 atletas. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, salientou hoxe na presentación "que este trofeo é o gran escaparate" do traballo que día a día se fai na cidade nunha disciplina "que cubre moitas facetas do deporte".

xoves, 9 xul 2009
1247142851atletismo.jpg
O concelleiro amosou convencido de que "imos poder gozar dunha extraordinaria tarde de atletismo". O trofeo iniciarase ás 19:00 horas coa proba dos 100 metros lisos femininos e rematará ao redor das 21:30 horas coa carreira de 5.000 metros lisos, na que participarán os keniatas Peter Kirui e Richard Bett.

O presidente da delegación de atletismo de Vigo, Eleuterio García, explicou que hai un gran nivel nas 15 probas que se van a disputar, aínda que salientou a intensidade que se vai vivir na pértiga, xabalina e martelo, xa que participarán varios campións de España e tamén atletas que teñen o récord de España da modalidade.

Para os tres primeiros clasificados de cada proba haberá premios de 200, 125 e 75 euros. Segundo explicou Eleuterio García, entregaranse tamén dous premios especiais de 600 euros cada un para as mellores marcas absolutas, feminina e masculina, segundo a táboa IAAF 2008.
Descargar todas as imaxes