Profesionais e colectivos de inmigrantes aportan as súas reflexións ao primeiro plan de inmigración que terá Vigo
Co obxectivo de avanzar na elaboración do I Plan de Integración Social, Convivencia Intercultural e Cidadanía de Vigo hoxe celebrouse unha xornada de traballo na que participaron representantes de entidades e asociacións de emigrantes, así como técnicos e profesionais do sector. Na inauguración o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quixo poñer en valor o traballo que se está a desenvolver desde a Concellería de Benestar en colaboración con todos eles para que Vigo conte por primeira vez cun plan de inmigración.
O nacionalista agradeceu todas as ideas e reflexións que se están a aportar nestas xornadas para mellorar o traballo que se está a facer. "É moi importante para nós que nos trasmitades as vosas inquedanzas, o que vós pensades que se pode mellorar e tamén as vosas críticas, que sempre son importantes para mellorar o traballo", dixo. O tenente de alcalde sinalou que é moi importante sensibilizar á sociedade para acadar a integración dos inmigrantes e apostar pola interculturalidade.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, explicou que estas xornadas de traballo son un elemento fundamental para "contar cun instrumento que vai servir para que as políticas de integración teñan continuidade e dispoñamos do primeiro plan de inmigranción na nosa cidade". A nacionalista asegurou que o obxectivo fundamental é facer un labor con todos os colectivos "para que esa inegración sexa unha realidade". A responsable de Benestar Social salientou que ese documento vai permitir que as políticas e migración teñan continuidade, independentemente das persoas que en cada momento teñan as responsabilidades de goberno.
Descargar todas as imaxes