Profesionais e colectivos de inmigrantes aportan as súas reflexións ao primeiro plan de inmigración que terá Vigo
Co obxectivo de avanzar na elaboración do I Plan de Integración Social, Convivencia Intercultural e Cidadanía de Vigo hoxe celebrouse unha xornada de traballo na que participaron representantes de entidades e asociacións de emigrantes, así como técnicos e profesionais do sector. Na inauguración o tenente de alcalde, Santi Domínguez, quixo poñer en valor o traballo que se está a desenvolver desde a Concellería de Benestar en colaboración con todos eles para que Vigo conte por primeira vez cun plan de inmigración.