luns, 4 ago 2008
O alcalde mantivo este luns un encontro con representantes de ADIF e NEXSA, encargadas da construción da nova estación de Urzáiz, para estudar a modificación da mesma tras o modificación da entrada da Alta Velocidade en Vigo, que pasa a ser soterrada. A mediados de outubre estará listo o proxecto básico dunha estación que ocupará 40.000 metros cadrados de superficie.
venres, 1 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres as 11:00 horas en fronte o Mercado do Calvario do comenzo dos traballos de humanización do entorno do Calvario. Unha inversión total de 1.129.605 euros.

xoves, 31 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este xoves as 12:00 horas na alcalcía da firma do convenio coa Comunidade de Montes de Valladares para o uso de antenas repetidoras. A empresa Talleres Electrotécnicos de Pontevedra, empresa de telecomunicacións será a encargada de instalar no Monte Cepudo a antena que dará o 100% de cobertura nas comunicacións a Policía Local e Bombeiros.

xoves, 31 xul 2008
A Asociación de Oceanógrafos de Galicia trasladase ás praias en plena temporada estival para presentar as Ciencias do Mar á sociedade. Efervesciencia na praia é unha campaña de comunicación social da ciencia,que aproveitará a gran riqueza do litoral galego, así como a importante afluencia turística ás praias durante os meses de verán.

xoves, 31 xul 2008
Con motivo das obras na Rúa Marqués de Valladares este ano o percorrido da procesión do Cristo da Victoria discurrirá por algunhas rúas diferentes. O próximo domingo 03 de agosto de 2008, estarán pechadas ao tráfico as rúas afectadas pola devandita procesión, entre as 16:00 e as 23:00 horas.
xoves, 31 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, recibui esta mañá a Alberto González-Garcés , director xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR. O obxectivo do encontro era dar un repaso aos proxectos que sobre a calidade da Ría está a realizar o Centro Tecnolóxico.

mércores, 30 xul 2008
O Comandante, Stéphane Guillen do patrullero Sterne da marina francesa e membros da súa tripulación, xunto o consul honorario francés, Jean Baptiste Chassen, visitaron hoxe 30 de Xullo ao Alcade con motivo da escala deste patrullero da Armada Francesa en Vigo.

Este patrulleiro traballou arreo no control dos vertidos do Prestige no ano 2002. A sua funcion foi o despliegue de boias e redes para localizar as manchas de fuel.

mércores, 30 xul 2008
Os campamentos no Vigozoo están a contar cunha altísima participación. Nesta edición, dous días cheos de actividades, obradoiros, manualidades, xogos, rutas, visitas guiadas e por suposto pernoctando en tendas de campaña dentro do propio parque cunha visita nocturna incluída. Son actividades enriquecedoras, os rapaces de idades comprendidas entre 10 e 12 viven en primeira persoa no entorno dos animais. Deste xeito foméntase o respeto ao medioambiente e a súa diversidade.

mércores, 30 xul 2008
Baixo o título "XX Anos buscando tesouros en Vigo", o vindeiro luns 4 de agosto, comezará a vinte edición do Campamento Urbano no pavillón das Travesas. Esta iniciativa forma parte do programa de actividades de verán que desenvolve a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e que este ano incrementou nun 150 por cento o número de prazas ofertadas. O Campamento Urbano, organizado en colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal, é gratuíto e está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos.