martes, 8 xul 2008
Abel Caballero e representantes do Comité de Empresa do Concello de Vigo mantiveron este martes un encontro no que se trataron distintos temas, como a seguridade do edificio municipal ou a situación dos funcionarios. O alcalde mostrouse "extraordinariamente satisfeito" da reunión cun Comité "moi dialogante e cooperador" e adiantou que as xuntanzas se repetirán cada seis meses.
martes, 8 xul 2008
O alcalde de Vigo e a directiva da Confraría do Santísimo Cristo da Victoria mantiveron este martes un encontro de preparación da festividade. Abel Caballero aclarou que "con case toda probabilidade" as obras no centro non impedirán o paso da procesión por Policarpo Sanz, co que o percorrido será o mesmo de anos anteriores. Ademais, o Concello estuda instalar na fachada da Concatedral unha pantalla para que os fieis poidan seguir a misa desde fóra. <br />
martes, 8 xul 2008
O alcalde e representantes da organización e de Caixanova presentaron este martes o Festival Aéreo de Vigo 2008, que conta "cun programa máis completo e máis potente" que en anos anteriores, segundo informou o organizador, Pablo González. O 20 de xullo terá lugar a celebración, que este ano se complementa con actividades culturais, como a entrada do buque Juan Sebastián Elcano o día 11 de xullo.
luns, 7 xul 2008
O novo delegado, Ahmedu Mojtar, está a realizar unha ronda de contactos por toda Galicia e hoxe luns mantivo un encontro co alcalde vigués, Abel Caballero. Este ano, 76 nenos saharauis de entre 7 e 12 anos serán recibidos por unha familia de acollida de Vigo, cidade onde estarán os vindeiros dous meses. O rexedor adiantou que ofrecerá unha recepción aos rapaces e ás súas novas familias.
xoves, 3 xul 2008
Este xoves inaugurouse a Alcaldía como espazo aberto "para difundir a arte" con obras do prestixioso pintor Antonio Quesada. As súas salas, ata o despacho do alcalde, serán empregadas desde hoxe para "combinar a política e a arte", subliñou Abel Caballero, con mostras periódicas tanto de recoñecidos artistas como de pintores noveis.
martes, 1 xul 2008
Este martes comezou a actividade dos 41 funcionarios da Axencia Comunitaria de Control da Pesca en Vigo, e o alcalde recibiu hoxe martes ao seu director, Harm Coster, na Alcaldía para mostrarlle o apoio do Concello na posta en marcha e desenvolvemento da súa actividade e nas relacións da entidade coa Xunta de Galicia e o Goberno de España, segundo informou Abel Caballero.
martes, 1 xul 2008
Futuros biólogos da Universidade de Vigo elaboraron varios proxectos viables e aplicables nos concellos co obxectivo de frenar o cambio climático. Para a súa elaboración, os estudantes, guiados polo profesor Javier Montalvo, barallaron datos reais de vivendas, tráfico e empresas e calcularon cómo diminuir a contaminación e os niveis de emisións.
xoves, 26 xuñ 2008
O alcalde, Abel aballero e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, inauguraron esta mañá a Feira da Construcion de Galicia que permanecerá aberta no IFEVI ata o 29 de xuño e na que participan máis de 400 empresas.
luns, 23 xuñ 2008
O proxecto arquitectónico básico definitivo do novo Hospital de Vigo presentado hoxe polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, recolle as achegas dun total de 24 grupos de traballo de profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Estes profesionais facilitaron ao equipo arquitectónico as súas conclusións do estudo e análise do proxecto inicial enriquecéndoo. Por iso, o proxecto experimentou unha ampliación da súa superficie asistencial dun 14,21 por cento, pasando de 152.000 metros cadrados a un total de 173.600 metros cadrados construídos na área asistencial. A superficie destinada a aparcamentos tamén rexistrou un aumento do 30,21 por cento, ao pasar de 96.000 a 125.000 metros cadrados.
venres, 20 xuñ 2008
"Os mil Concellos máis importantes de España recibirán este traballo", salientou Abel Caballero durante a presentación, e adiantou que a futura ordenanza viguesa contra a contaminación acústica seguirá as recomendacións do Valedor entre "un 95 e un 98%". O libro analiza a lexislación vixente e propón unha normativa aplicable a todos os Concellos de España.