Escoitar

Vigo será porto de saída e chegada de seis cruceiros internacionais o próximo ano

O alcalde, Abel Caballero, e o teniente de alcalde, Santi Domínguez, presentaron este xoves "Embárcate con Vigo", o proxecto que permitirá que Vigo acolla por primeira vez en maio a partida e chegada de tres buques de cruceiros internacionais con base en Vigo, aos que sumaranse outros tres durante o 2010. Para o alcalde, este paso dado por Ibero Cruceros e Viaxes Loa na cidade é "a crónica dun éxito anunciado".

xoves, 23 xul 2009
1248354138cruceros.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o teniente de alcalde, Santiago Domínguez, presentaron hoxe xoves no Club Financeiro o proxecto "Embárcate con Vigo", de Viaxes Loa e Ibero Cruceros, que permitirá á cidade acoller por primeira vez a saída e chegada de seis cruceiros internacionais durante o ano 2010.

Tres cruceiros xa están confirmados con saídas os días 5, 12 e 19 de maio con destino a Madeira, Las Palmas, Lanzarote, Casablanca, Portimao e retorno a Vigo, e unha ocupación xa vendida próxima ao 70%. Ademáis, o presidente de Ibero Cruceros avanzou que duplicará ata seis os cruceiros que teñan base na cidade olívica o vindeiro ano.

O buque Grand Voyager, de última xeración, ten capacidade para máis de 800 turistas, é o cruceiro internacional de vacacións máis rápido do mundo e recalará en varias ocasións no porto vigués desde maio de 2010.

O alcalde cualificou de "crónica dun éxito anunciado" que Vigo sexa partida e chegada dos buques, pois nace "con todas as garantías". Abel Caballero felicitou aos axentes involucrados neste acontecimiento por facer posible que Vigo se transforme en cabeceiras de cruceiros, despois da cantidade de embarcacións que veñen atracando na cidade olívica nos últimos anos.

Santi Domínguez, pola súa banda, indicou que o turismo de cruceiros é un dos elementos de maior expansión da nosa oferta turística, pero considera que "temos que conseguir que non sexa un aspecto aillado na promoción turística da cidade. Temos que unir sinerxias e vontades e artellar ben as distintas pezas do puzzle que Vigo ofrece para ser realmente competitivos". Tras sinalar os pasos que ten dado o Goberno municipal para favorecer o producto turístico de Vigo, como o Plan de Competitividade ou o Vigo Conventión Bureau, incidiu na necesidade de contar co apoio do sector privado.

Na presentación de "Embárcate con Vigo" participaron, xunto ao alcalde e ao tenente de alcalde, a delegada territorial da Xunta en Vigo, a presidenta da Autoridade Portuaria, o presidente de Ibero Cruceros, o presidente da Federación de Hosteleros de Galicia e o xerente de Viaxes Loa. Ao acto asistiron distintos representantes veciñais e empresariais.
Descargar todas as imaxes