venres, 24 xul 2009
O Festiclown 2009, que se desenvolverá en Vigo entre os días 27 de xullo e o 1 de agosto, inundará as rúas, prazas e teatros de espectáculo, festa, formación e grandísimos profesionais do mundo do clown. Máis de 150 actuacións en diferentes espazos da cidade (Praza da Constitución, Príncipe, Zona peonil do Calvario, Montero Ríos, Centro Cultural Caixanova...), é a programación coa que se pretende dar cabida a todos os públicos, grandes e pequenos.
venres, 24 xul 2009
O alcalde foi partícipe este venres da presentación, na que tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o director de Correos en Galicia, Celso Gómez. O selo forma parte da serie filatélica "Bailes e Danzas Populares". Abel Caballero identificou a Correos coa modernidade e recoñeceu a labor dos seus traballadores.<br />
venres, 24 xul 2009
O alcalde recibiu este venres aos 10 bombeiros e policías de Vigo que representarán á cidade olívica nos Xogos Mundiais da especialidade que celebraranse na urbe canadiense de Vancouver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Os representantes vigueses competirán en especialidades como o atletismo, remo, natación ou ciclismo, entre outras.
venres, 24 xul 2009
Vigozoo conta con dous exemplares de castores europeos, especie curiosa que poboou antigamente os ríos da Península Ibérica. Os animais foron cedidos polo "Servicio de Conservación de la Biodiversidad" do Goberno de Navarra.
Benestar Social
venres, 24 xul 2009
A Concellería de Benestar Social, en colaboración con Caixanova e Cruz Vermella pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao ano 2009".