Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducidad nas praias de Samil e Vao
A Concellería de Benestar Social, en colaboración con Caixanova e Cruz Vermella pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao ano 2009".
Este servizo foi inaugurado no ano 2001, co obxectivo de favorecer que as persoas con mobilidade reducida de Vigo poidan acceder a actividades cotiás, como pode ser o acceso á praia ou un baño no mar na época estival. Neste ano 2009 implantase o servizo tamén na praia do Vao.
HORARIO:
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto: de luns a domingo de 11.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.
MATERIAL:
Praia de Samil: Dúas cadeiras de baño adaptadas, muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia e chalecos.
Praia do Vao: Unha cadeira de baño adaptada, muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia e chalecos.
ACCESO
Para o goce deste servizo, calquera persoa con minusvalidez ou mobilidade reducida só ten que achegarse ao posto instalado para este servizo na praia de Samil ou na praia do Vao ou realizar a
súa reserva a través do teléfono 986 42 36 66.