VIDE pechou 2008 con máis ingresos e máis diñeiro para o deporte, e cun incremento dos fondos propios
A Fundación Vigo en Deporte (VIDE), que preside o concelleiro Xabier Alonso e cuxa xerente é Laura Magdalena, presentou hoxe a súa memoria de 2008, pública por vez primeira. Segundo o concelleiro, a memoria supón un paso de "transparencia" que amosa a filosofía deste Goberno municipal.
O concelleiro de Deportes anunciou na rolda de prensa que cando chegou á presidencia "atopeime a fundación en estado de hibernación e agora non só sobrevive, senón que hai convencemento político de que o deporte merece a pena", polo que a Fundación conseguiu beneficiar ao deporte colectivo e individual, de elite e de base. O concelleiro nacionalista definiu por iso a VIDE como "un instrumento fundamental que non só reforzou os programas que tiña antes, senón que se inventou outros (axudas a deportistas olímpicos) para seguir crecendo". O nacionalista cre que "se en tempos de bonanza económica o PP deixou a Fundación VIDE moi tocada, en tempos de crise seguramente desaparecería".
Pola súa banda, Laura Magdalena, xerente da fundación, anunciou estar "moi satisfeita polos resultados económicos de 2008, pois "incrementamos os ingresos (de 449.634 euros no 2007 a 652.863 no 2008), non houbo perdas nin dano para VIDE e conseguimos incrementar as axudas ao deporte (clubs e deportistas) en case 70.000 euros". Ademais, e isto foi moi valorado pola xerente, a fundación conseguiu aumentar os fondos propios, "que estaban baixos", nuns 55.000 euros, "tras varios anos de resultados negativos que estaban reducindo os fondos propios", afirmou. De feito, esa cantidade equilibra as perdas de 2007.
A fórmula para obter unhas contas saneadas, segundo explicou a xerente, foi "reducir gastos en tres frontes, o de persoal, o da organización da Vigo Cup e o campus polideportivo, buscando unha mellor xestión e optimizando os recursos que temos, é dicir, sen perder calidade", concluiu Laura Magdalena.
Descargar todas as imaxes