Escoitar

A Xunta garante ao alcalde un Área Metropolitana para Vigo de 14 concellos que poderá ser ampliada

O presidente da Xunta de Galicia garantiu ao alcalde "dar forma legal" a Área Metropolitana de Vigo segundo a "vontade" dos mesmos. Para iniciala, Núñez Feijóo acordou con Abel Caballero actualizar o acordo acadado por 14 municipios en 1999, e asegurou que a lei deixará aberta a posibilidade de ampliar o número de concellos.

mércores, 22 xul 2009
1248267034reunionfeijoo2.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, abordou na súa entrevista deste mércores co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a creación dunha "lei singular" de Área Metropolitana para Vigo; e o presidente garantiu ao alcalde un área de 14 concellos que poderá ser ampliada no seu número de concellos.

En rolda de prensa posterior ao encontro, Núñez Feijóo propuxo retomar e actualizar o consenso acadado por catorce municipios do área viguesa en 1999 como base da nova lei, e asegurou que a norma deixará aberta a posibilidade de ampliar o número de concellos, atendendo á "vontade" dos mesmos, como tiña solicitado o alcalde.

De cara a actualizar o consenso acadado fai unha década, a Xunta de Galicia xa iniciou os contactos cos catorce concellos para "ser garantes da construcción dunha gran urbe en torno a Vigo".

Abel Caballero mostrouse "optimista" tras o resultado da reunión, que considera "o punto de saída" dun "diálogo permanente" entre as administracións local e autonómica desde a "lealdade institucional" e a "man tendida" que presta o Concello vigués. O alcalde valorou positivamente a reunión pois "cando a Vigo lle vai ben, a Galicia lle vai ben".

Automoción e naval
A situación económica, indicou o presidente, é prioritario para a Xunta de Galicia na área de Vigo, e en especial citou os sectores da automoción e do naval. Para saír da crise é "todavía máis imprescindible" a cooperación institucional con Vigo, "a primeira cidade de Galicia e un dos pulmóns económicos de Galicia".
Descargar todas as imaxes