O alcalde presidiu a presentación da 46 Regata Rías Baixas, o evento náutico por etapas máis importante de España
Abel Caballero acudiu este martes ao Real Club Náutico de Vigo, onte tivo lugar a presentación da 46ª Regata Rías Baixas con saída e chegada na cidade olívica. Esta nova edición pretende converter á Regata no acontecemento máis importante de España da especialidade, para o que contou co apoio institucional do alcalde vigués e doutros rexedores das Rías Baixas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este martes a presentación da cuadraxésimo sexta Regata Rías Baixas, o evento por etapas máis importante de España, que aborda unha nova edición co obxectivo de converterse no referente estatal da especialidade.
Abel Caballero, no transcurso da súa intervención, ofreceu a "máxima cooperación" do Concello de Vigo para conseguir o obxectivo da regata de converterse en "referencia nacional e internacional", da man da organización e dos patrocinadores. A presentación contou asemade coa participación do Presidente do Real Club Náutico, Franco Cobas; os alcaldes da Pobra, Baiona, O Grove, Sanxenxo, Ribeira e Vilagarcía; e da Secretaria de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo.
A participación para esta edición oscilará entre as 120 e as 140 embarcacións procedentes de toda España, o que moverá uns 1.300 tripulantes e en total preto de 3.000 persoas sumando aos acompañantes e persoal de apoio. O alcalde afirmou que a Regata Rias Baixas ten un "doble foco de interese": a alta competición deportiva -con saída e chegada na cidade olívica- e a proxeción turística do entorno no exterior.
A Regata Rias Baixas celebrarase entre os días 13 e 18 de agosto e este ano os portos sede das etapas serán O Grove, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo.
Descargar todas as imaxes