Abel Caballero rubrica coa asociación veciñal de Teis a subvención de 55.000 euros para as actividades do Centro Cívico
O alcalde de Vigo asinou este luns co Presidente da Asociación de Veciños de Teis, Antonio Collazo, un convenio de colaboración polo que o Concello achega 55.000 euros para o mantemento, coordinación e xestión de actividades do Centro Cívico do barrio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Asociación de Veciños de Teis, Antonio Collazo, asinaron este luns no Concello un convenio de colaboración polo que a Concellería de Participación Cidadá achega 55.000 euros para subvencionar as actividades do Centro Cívico municipal do barrio vigués.
Mediante este acordo rubricado este luns, o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal de Teis establecen as canles de colaboración na planificación e programación xeral do Centro Cívico de Teis e nas actividades e proxectos concretos que desa planificación e programación deriven, así como, as accións encamiñadas ao mantemento e conservación do inmoble.
Descargar todas as imaxes