O alcalde aboga por unha banda sinfónica con programación estable para consolidar a "excelencia musical" de Vigo
Abel Caballero acudiu este luns ao Conservatorio Superior de Vigo, onde visitou un ensaio da Banda Sinfónica de Vigo, conformada para ofrecer o concerto do Día de Galicia. O alcalde sinalou que "Vigo necesita dun avance cultural correlativo á nosa marcha económica", polo que aboga por estabilizar os membros e a programación da Banda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns o ensaio da Banda Sinfónica de Vigo, que ofrecerá o concerto do Día de Galicia, onde abogou por dotala dunha formación e programación estable que permita a Vigo consolidarse na "excelencia musical".
"Vigo necesita dun avance cultural correlativo á nosa marcha económica", indicou Abel Caballero ao remate da visita. Para iso estanse a conformar os músicos da Banda Sinfónica, de iniciativa popular, e o alcalde estimou que poranse "mans á obra" para estabilizar a Banda Sinfónica e dotalo dunha programación estable.
Festival Aéreo
O alcalde, no transcurso da visita ao Conservatorio, valorou positivamente o resultado da celebración do Festival Aéreo Internacional celebrado onte domingo en Vigo. Ao respecto indicou que a cifra de espectadores "pulverizou" o número estimado -que rondaba as 350.000 persoas-, acadando unha afluencia de 400.000 persoas.
Por outra banda, Abel Caballero mostrouse satisfeito do funcionamento do dispositivo especial de tráfico, en especial as lanzadeiras do transporte público, que, segundo estimou o rexedor, foron empregadas por un 40% máis de viaxeiros que o ano anterior.
O alcalde adiantou que xa acordou co Exército do Aire e a Armada Española comezar a preparar o próximo festival para que sexa "todavía mellor" e poida ser "o máis importante de España".
Descargar todas as imaxes