O alcalde inicia a campaña de abonados do Real Club Celta recibindo o carné de socio para a nova tempada
Abel Caballero abríu formalmente este luns a campaña de captación de abonados do Real Club Celta de Vigo para a nova tempada 2009-2010. No acto de presentación, realizado nas instalacións deportivas da Madroa coa directiva e o plantel da entidade, o alcalde salientou o vínculo existente entre o Club e a cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este luns o seu carné de socio do Real Club Celta de Vigo SAD para a nova tempada futbolística 2009-2010, abrindo deste xeito a campaña de abonados que a entidade ven de iniciar.
O rexedor local salientou no transcurso da súa intervención o vínculo existente entre o Club e a cidade, pois "é unha parte da cidade", e desexoulles sorte á diretiva e ao plantel para a nova tempada.
As instalacións deportivas da Madroa acolleron hoxe o acto de presentación da nova campaña, coa presenza do Presidente da entidade, Carlos Mouriño, dos equipos diretivo e técnico e dos propios xogadores.
Coa participación do alcalde, o Real Club Celta de Vigo iniciou hoxe luns o "Celtómetro" -o principal proxecto da entidade para a campaña-, un contador que estará instalado na Praza de América que reflictirá progresivamente o número de abonados do Club durante o tempo que dure a campaña.
Os obxectivos desta iniciativa pasan por implicar á sociedade co Real Club Celta, dando a coñecer que a campaña de captación de abonados está en marcha e coa finalidade última de incrementar o número de socios.