O alcalde recibiu ao embaixador de Israel en España e ao ministro de Asuntos Económicos e Comerciais
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves no Concello ao embaixador de Israel en España, Raphael Schutz -en visita institucional á primeira cidade de Galicia-, quen estivo acompañado polo ministro de Asuntos Económicos e Comerciais da Embaixada, Amos Wohl, e polo Presidente da Cámara de Comercio Hispano-Israelí, Gil Gidron.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves no Concello ao embaixador de Israel en España, Raphael Schutz, quen chegou á cidade olívica en visita institucional tras entrevistarse onte co Presidente da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela.
O alcalde indicou posteriormente que acordaron "establecer intercambios tecnolóxicos e comerciais entre industrias de Israel e viguesas", procurando unha "cooperación beneficiosa" para as partes, sobre todo en sectores como o naval ou a pesca. Unha entrevista "moi interesante" para "establecer negocio cos ámbitos empresarias da industria viguesa", salientou Abel Caballero.
O embaixador entrevistouse co alcalde acompañado polo ministro de Asuntos Económicos e Comerciais da Embaixada, Amos Wohl, e polo Presidente da Cámara de Comercio Hispano-Israelí, Gil Gidron.
Raphael Schutz pronunciou onte mércores en Santiago un relatorio no Club Financeiro da capital de Galicia. No día de hoxe visitou Vigo como a primeira cidade de Galicia e polo seu interese en coñecer ao alcalde. Na tarde deste xoves, o embaixador acudirá ao Club Financeiro de Vigo onde pronunciará unha conferencia.
Descargar todas as imaxes