Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 24 xul 2009
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 13

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTESETE de XULLO de 2009, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Actas anteriores. (S. Ordinaria 25.05.09 e extraord. 16/29.06.09).

ALCALDÍA
2.- Dar conta de resolucións da Alcaldía de datas 30.06.09, 03.07.09 e 08.07.09 de delegacións de funcións con carácter temporal.

3.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 03.07.09 polo que se resolven as indemnizacións en réxime de asistencias a un concelleiro.

4.- Dar conta de decreto da Alcaldía de data 03.07.09 polo que se resolve a adxudicación do réxime de dedicación parcial a un concelleiro.

5.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 20 de xullo de delegación de funcións con carácter temporal.

6.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 15 de xullo, de modificación de resolucións relativas ó horario de realización da Xunta de Goberno Local.

XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Dar conta de sentenza en RCA 02/4085/2004 interposto polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra contra acordo plenario de data 28.11.05 de aprobación definitiva da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar. Expte. 2087-111

8.- Dar conta da execución do estado de gastos e ingresos do orzamento correspondente ó primeiro semestre de 2009, así como do movemento de tesourería por operacións orzamentarias e non orzamentarias.

9.- Modificación orzamentaria núm. 75/2009, crédito extraordinario e suplemento de crédito, por importe total de 20.200.000 € para gastos ineludibles a executar no ano 2009. Expte. 5890/101.

10.- Rectificación do inventario municipal de viais. Rúa Senra R-1. Expte. 17372/240.

11.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de axuda no fogar prestado polo departamento de Benestar Social.

ASUNTOS SOCIAIS
12.- Dar conta de solicitude de subvención para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero para o proxecto "SIMMA". Expte. 3978/224.
MOCIÓNS
13.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa á gratuidade dos libros de texto. Doc. 90103653.

14.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando se inste ó Ministerio de Xustiza a posta en funcionamento dun Xulgado de 1ª Instancia especializado en familia. Doc. 90091949.

15.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando o rexeitamento do Concello pola agresión sufrida pola presidenta de Galicia Bilingüe. Doc. 90091951.

16.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando que as festas do verán se denominen "Festas do Cristo da Victoria". Doc. 90091953.

17.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a igualdade de competencias das dúas linguas oficiais. Doc. 90091955.

18.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a posta en funcionamento das instalacións deportivas da ETEA. Doc. 90091957.

19.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando o compromiso da Concellería de Deportes de mudar a superficie do terreo de xogo do pavillón das Travesas. Doc. 90091958.

20.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular solicitando a aprobación urxente do Regulamento orgánico de Participación Cidadá. Doc. 90091960.

21.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a posta en marcha de medidas para axuda ó comercio e hostalería da cidade. Doc. 90091963.

22.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTESETE DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 23 de xullo de 2009
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,


Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.