Presentación dun selo de correos dedicado á Muiñeira
O alcalde foi partícipe este venres da presentación, na que tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o director de Correos en Galicia, Celso Gómez. O selo forma parte da serie filatélica "Bailes e Danzas Populares". Abel Caballero identificou a Correos coa modernidade e recoñeceu a labor dos seus traballadores.<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e o director de Correos en Galicia, Celso Gómez, presentaron hoxe venres na oficina da entidade en Vigo o selo dedicado á Muiñeira, dentro da serie filatélica "Bailes e Danzas Populares".
O acto -ao que tamén acudiron a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, a voceira socialista no Senado, Carmela Silva, e diferentes responsables da empresa postal- serviu ademais para estrenar o mataselo de Primeiro Día de Circulación elaborado pola entidade para a ocasión.
O selo, xa en circulación, representa a un grupo de baile galego, e presenta unha tirada de 440.000 unidades cun valor de 0,43€, válido para franquear cartas de ámbito nacional de ata 50 gramos de peso, co que contribuirá á súa difusión por toda España.
O alcalde, durante a súa intervención, identificou a Correos coa modernidade, para posteriormente recoñecer a labor dos seus traballadores, sen os que a entidade "non sería nada". Abel Caballero rematou afirmando que para Vigo "é un orgullo e unha honra" albergar a presentación dun selo destas características.
Descargar todas as imaxes