Escoitar

Asinado o convenio de colaboración do Servizo de Socorrismo e Vixiancia nas praias

O alcalde Abel Caballero e a presidenta do comité comarcal da Cruz Vermella en Vigo, Teresa Álvarez, asinaron hoxe o convenio de colaboración para o desenvolvemento do servizo de socorrismo e vixiancia nos areias de Vigo durante a tempada de verán e por un importe de 191.448,26 euros.

xoves, 2 xul 2009
1246536239cruzvermella.jpg
O convenio ten por obxecto articula-la colaboración entre o Concello de Vigo e a Asemblea Comarcal da Cruz Vermella Española de Vigo, para organizar e prestar o servizo de socorrismo e vixiancia nos areais de Samil, Rodas (Illas Cíes), O Vao, Tombo do Canido, Argazada, A Punta en Teis, Fontaiña e Fortiñón, durante a época estival do presente ano, desde o 13 de xuño a 13 de setembro.

O servizo consistirá no control, prevención, vixilancia, e se fora o caso a intervención nos rescates das situacións de risco que poidan derivarse para os/as usuarios/as das praias, tanto nos propios areais como na franxa costeira de baño ,aproximadamente ata o balizamento ou 200 metros da beira. A Cruz Vermella organizará os seus servizos tendo en conta a actuación nos areais e franxas costeiras doutras entidades como Protección Civil ,responsable da vixiancia e actuación no mar con embarcacións e persoal propio. A Cruz Vermella destinará como mínimo vinte socorristas acuáticos, coa distribución de dous socorristas por posto.

Todo o persoal destinado ao servizo deberá ir uniformado e identificado con claridade o servizo que presta.. A Cruz Vermella dotará a cada posto dos medios necesarios para levar a cabo correctamente o servizo, sendo a dotación mínima de cada posto de prismáticos,emisora portátil de VHF, manta térmica e botiquín de primeiros auxilios.
Descargar todas as imaxes