venres, 2 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, anunciou hoxe venres que proporá ao Pleno da Corporación Municipal a aplicación de remanentes líquidos por un valor superior aos 18.000.000 euros para levar a cabo actuacións non previstas no actual orzamento do Concello.
martes, 30 ago 2005
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe martes no Concello a embaixadora de Polonia en España, Grazyna Bernatowycz, que veu nunha visita protocolaria a Vigo. Na reunión, a alcaldesa e a embaixadora trataron da posible colaboración entre Galicia e este novo membro da Unión Europea.
luns, 8 ago 2005
Este informe foi remitido pola alcaldesa de Vigo ao presidente do Gobierno, así como aos integrantes do Consello Social da Cidade, e ao novo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
venres, 22 xul 2005
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu hoxe venres o novo comandante de Marina de Vigo, Antonio Jover Pons, que foi nomeado o pasado 12 de xullo. O comandante púxose ás ordes da alcaldesa e preguntoulle qué liña de actuación demanda o Concello de parte da Marina.
venres, 22 xul 2005
Con motivo da celebración oficial do Día de Galicia por parte da Corporación Municipal do Concello de Vigo no Pazo Museo Quiñones de León a alcaldesa Corina Porro pronunciará o seguinte discurso a partir das 20,20 horas desta tarde.
venres, 15 xul 2005
A alcaldesa recibiu na mañá do venres aos deportistas da asociación de discapacitados APAM que resultaron vencedores nas probas de slálom , modalidade deportiva para paralíticos cerebrais. Os gañadores son José Fernández Méndez, Javier Fernández Martínez, Miguel Alonso Martínez e Ana Soage Sás.
martes, 5 xul 2005
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, visitaron esta mañá as obras rematadas de urbanización da zona Pedra e Lameiro, na estrada provincial Calvario-A Garrida.
Bouzas e San Pelaio de Navia contarán con novas infraestruturas sanitarias de Atención Primaria
martes, 7 xuñ 2005
O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, asinou hoxe martes dous convenios de colaboración coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, co obxecto de recoller e formalizar as actuacións a levar a cabo por ámbalas dúas administracións para acomete-la construción de dous novos centros de saúde na cidade, un na parroquia de Bouzas e outro en San Pelaio de Navia.
martes, 7 xuñ 2005
O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, presentou hoxe martes en Vigo a Planificación Hospitalaria desta Área Sanitaria, que contempla a construción dunha nova estrutura hospitalaria neste concello. No transcurso desta presentación o conselleiro anunciou que o novo hospital que o SERGAS quere acometer en Vigo acadará un investimento global estimado de 200 millóns de euros.
venres, 27 mai 2005
O Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continúa traendo á nosa cidade a desctacados intérpretes deste instrumento musical. Así, o sábado 28 de maio, a partir das 21:00, Pierluigi Camicia tocará pezas de Chopin no Auditorio do Concello. O domingo 29 será o turno de Enrique Bátiz e o luns 30, de Giovanni Humberto Battel.