O alcalde agradece o "compromiso orzamentario" de Fomento coa ampliación de Rande, en risco de colapso
Abel Caballero valorou hoxe martes a "magnifica nova" da inclusión nos orzamentos do Estado de 2011 dunha partida de 70 millóns de euros para a ampliación da ponte de Rande, que atópase en risco de colapso sobre todo no verán. O alcalde defende esta opción como a máis rápida para aliviar a circulación nos accesos á urbe e alerta do "gravísimo dano á economía de Vigo" que produciría unha maior densidade de vehículos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu ao ministro de Fomento, José Blanco, o seu "esforzo" na ampliación da ponte de Rande, un "compromiso orzamentario" reflexado en 2011 con 70 millóns de euros.
Segundo explicou Caballero, Fomento inclúe nos orzamentos xerais do Estado esta partida e será a empresa Itínere -Autopistas do Atlántico- a que realice o investimento. As partidas terán continuidade en 2012 para que o tercer carril poida estar operativo en 2013. "Esta é unha magnífica nova", asegurou o alcalde, pois a infraestrutura "xan ten o compromiso orzamentario asumido e data".
En rolda de prensa, Abel Caballero ofreceu datos de densidade de vehículos na ponte, que entra en risco de colapso -en caso de avarías, por exemplo- con máis de 70.000 coches por día. O pasado ano, e sempre entre os meses de xuño a setembro e de luns a venres, Rande superou esta cifra 46 días; en 2010 as xornadas en risco ascenderon a 53. Ademais, a infraestrutura colapsouse en 2009 once veces e en oito ocasións no que transcurríu deste ano.
Esta tendencia pode levar a que, nos catro meses do próximo verán, a infraestrutura soporte un tráfico con risco de colapso "a metade dos días laborables", polo que, "se non se actúa de forma inmediata", en 2013 Rande podería estar "completamente colapsado", afirmou Caballero, o que sería "a ruina para esta cidade" e un "gravísimo dano á economía de Vigo".
Concluíu o alcalde que a ampliación da ponte de Rande é a opción máis rápida para evitalo, xa que a obra -con inicio previsto polo Ministerio para abril de 2011- alongaríase durante dous anos namentres a construcción da nova autovía gratuita a Pontevedra -para a que Caballero amosou un "enorme interese"- tardará sobre cinco anos.
Descargar todas as imaxes