venres, 1 out 2010
Abel Caballero transmitiullo este venres ao director da Comisión Técnica do Comité de Rutas de Galicia, Jacinto Parga, que o presentará na próxima reunión. O Concello entende que potenciar Vigo é o único xeito de que Galicia compita con Oporto, polo que é "central" reforzar as conexións nacionais -principalmente as de Madrid e Barcelona-, impulsar as rutas con Londres e Bruxelas e abrir un voo con Frankfurt.
venres, 1 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez animou hoxe á cidadanía viguesa a participar na Marcha Aspanaex que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de outubro, con saída ás 10.30 horas do parque de Castrelos. O nacionalista salientou que non se trata dun evento deportivo ou social, senón un "evento do corazón" que debe lembrar que "o obxectivo polo que traballamos é a igualdade de oportunidades".
venres, 1 out 2010
O alcalde aludiu ao transporte como elemento central das economías modernas e puxo como exemplo a ponte de Rande, coma a gran infraestrutura viaria pero cun risco inminente de colapso que hai que resolver. "Hai que anticiparse as demandas da cidade; se non arrincamos a ampliación agora o sur de Galicia estará colapsado en 2012", afirmou
venres, 1 out 2010
Abel Caballero ensinoulle o seu despacho a un grupo de estudantes de 5º de primaria deste centro educativo da cidade e explicoulles parte do seu sistema de traballo. A visita enmárcase dentro do programa municipal Vigo por Dentro, co que se pretende achegar aos escolares á Administración Local, como a institución máis próxima aos cidadáns
venres, 1 out 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, destacou este venres a consolidación da feira Stockaxe, que na súa terceira edición xa manexa cifras similares á celebrada o ano pasado, con case 70 firmas confirmadas a dúas semanas do seu comezo. O evento, que terá lugar no Ifevi os días 16 e 17 de outubro espera superar tamén as cifras de visitantes, que no 2009 chegaron aos 22.000.
venres, 1 out 2010
O vindeiro 10 de outubro comeza de novo a edición de outono do programa de educación ambiental "Vigo Camiño a Camiño e máis" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo. Este programa súmase ás actividades realizadas e que se están a levar a cabo para os nenos e nenas viguesas no marco do Ano Internacional da Biodiversidade -"Vigodiversidade" e "Coñecendo a nosa ría" principalmente-.
venres, 1 out 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres ao seu homólogo de Baiona "caudal suficiente" de auga para paliar os problemas de abastecemento da vila.
venres, 1 out 2010
A parroquia viguesa acapara máis de dous millóns de euros de investimentos nestes tres últimos anos de goberno municipal. O parque que se inaugurou na tarde de onte xoves únese a outros sete que poñen de manifesto a aposta do Concello vigués polas parroquias de Vigo e pola calidade de vida dos seus habitantes. Saneamento, limpeza ou mantemento son outras das partidas importantes desta inversión.
venres, 1 out 2010
O vindeiro domingo 3 de outubro terá lugar a segunda edición do mercado de produtos tradicionais galegos, que se as condicións climatolóxicas o permiten terá lugar de 11 a 14 horas no Paseo de Alfonso, segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico. Porén, se non fose posible a celebración no seu lugar orixinal, trasladarase á Praza da Constitución.