Escoitar

O alcalde inaugurou en Cabral o Parque da Grileira no que se investiron 43.000 euros

A parroquia viguesa acapara máis de dous millóns de euros de investimentos nestes tres últimos anos de goberno municipal. O parque que se inaugurou na tarde de onte xoves únese a outros sete que poñen de manifesto a aposta do Concello vigués polas parroquias de Vigo e pola calidade de vida dos seus habitantes. Saneamento, limpeza ou mantemento son outras das partidas importantes desta inversión.

venres, 1 out 2010
1285935923parque.JPG
Abel Caballero inaugurou onte xoves o parque da Grileira, na parroquia viguesa de Cabral no que o Concello investiu 43.000 euros. A nova dotación conta con elementos de lecer infantís como un xogo múltiple, dous columpios dobres, e outros dous xogos máis. Segundo recolle o proxecto procedeuse a perimetración de toda a área, con 51 metros de valla de galvanizado, pintado en diversas cores.

A nova superficie conta, ademais, con sistema antican e superficie amortiguadora de seguridade. Co que respecta ao axardinamento habilitouse unha area de estar no entorno da fonte, con dúas mesas de pedra cos seus respectivos bancos. Tamén se plantaron 72 metros cadrados de plantas arbustivas, vivaces e árbores.

O perímetro conta asimismo con catro bancos de madeira, dúas papeleiras e árbores coma 5 exemplares de cereixo de flor e 8 de liquidambar. Neste mesmo espazo creouse unha barreira vexetal entre o parque e os contedores, coa plantación de 12 metros de seto.

Dous millóns de inversións
O Concello de Vigo xa ten investidos nesta parroquia máis de dous millóns de euros, contando agora con parques novos ou renovados, coma é o caso de Maceiriña, Cabral- Feira, Caeiro-Gorgiña, Centro Cultural Becerreira, mercado de Cabral, O Gorxal e Grileira. Outras inversións destacadas foron o acondicionamento da Igrexa de Santa Mariña, as beirarrúas desta mesma zona, a actuación na rúa Maestro Alfredo González, os traballos de limpeza como o desbroce de cunetas, limpeza de gabias, limpeza do recinto das festas, a canalización de pluviais, asfaltados, mantemento de beirarrúas, etc.
Descargar todas as imaxes