Escoitar
Igualdade

Certame de microvídeos "Non ignores, non o xustifiques, non escondas"

<br />

venres, 1 out 2010
Con motivo da celebración do día internacional contra a violencia de xénero que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de micro vídeos "Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas".
Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.
Cada participante só poderá presentar un microvídeo. Os microvídeos que se incriban no concurso deben ser orixinais e inéditos
Os vídeos que se presenten ao concurso non poderán ter unha duración superior a 3 minutos
A inscrición e o formato de presentación é exclusivamente en liña, sendo o tamaño máximo do arquivo de vídeo de 100 Mb e soportaranse a maioría de formatos dixitais: avi, mpg, flv, wmv, vob, mp4, mov e os de alta definición: mkv, ts e m2ts, etc. O formato subirase unicamente a través do espazo web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org/concursovideos
As persoas que concursen deberán cumprimentar o formulario de inscrición ao que poderán acceder desde o espazo web anteriormente citado. A/O participante garante a veracidade dos datos que achegue na ficha de inscrición.
Este concurso consta dunha única modalidade (vídeos que non superen os 3 minutos de duración) dotada con 1 premio e dous accésit. O premio para o microvídeo gañador consiste nun bono por importe de 500 € (cincocentos euros) para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son, para trocar en establecementos comerciais indicados pola concellería. Poderase conceder ata dous accésit dotados cun bono por importe de 250 € (douscentos euros) cada ún, para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son, para trocar en establecementos comerciais indicados pola organización.

Os premios poderán ser declarados desertos de estimar o xurado que ningún dos traballos presentados reúne as condicións necesarias.
O prazo da admisión dos vídeos comeza o día 4 de outubro de 2010, e finaliza o día 31 de outubro de 2010.
As bases do concurso están a disposición das persoas interesadas na web da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org. Máis información no Tlf. 986 810 284"