Alumnos do Martín Codax visitan o Concello co programa Vigo por dentro
Abel Caballero ensinoulle o seu despacho a un grupo de estudantes de 5º de primaria deste centro educativo da cidade e explicoulles parte do seu sistema de traballo. A visita enmárcase dentro do programa municipal Vigo por Dentro, co que se pretende achegar aos escolares á Administración Local, como a institución máis próxima aos cidadáns
Cerca dunha trintena de alumnos do colexio Martín Codax visitaron na mañá deste venres as dependencias da Alcaldía, como parte da visita a casa consistorial recollida no programa da concellería de Educación.
Os obxectivos de "Vigo por Dentro" buscan dar a coñecer aos estudantes a estrutura organizativa municipal e as súas competencias, a distinción entre Concello e termo municipal así como a posta en valor dos distintos servizos municipais e o coñecemento das súas funcións esenciais. O fomento das actitudes de pertenza e identificación coa cidade olívica e da participación responsable son outras das metas deste programa.
En definitiva estas visitas didácticas pretender achegar o alumnado á Administración local, como a administración máis próxima aos cidadáns.
Descargar todas as imaxes