O vindeiro domingo celebrarase a segunda edición do mercado de produtos tradicionais galegos do Casco Vello
O vindeiro domingo 3 de outubro terá lugar a segunda edición do mercado de produtos tradicionais galegos, que se as condicións climatolóxicas o permiten terá lugar de 11 a 14 horas no Paseo de Alfonso, segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico. Porén, se non fose posible a celebración no seu lugar orixinal, trasladarase á Praza da Constitución.
Tras a primeira convocatoria, que acadou un rotundo éxito no seu obxectivo de dinamizar as mañás dos domingos no Casco Vello, incrementarase o número de vendedores e artesáns participantes na feira. Ademais da celebración do mercado, e no mesmo horario, o Centro de Artesanía Tradicional ofrece actividades infantís de cómic e téxtil e obradoiros para deseñar a mascota da feira. Para participar é preciso inscribirse na propia feira dende as 10.30 horas.
En total, serán trece participantes, nos que se poderá atopar produtos de horta ecolóxicos, tecidos artesanais, conservas ecolóxicas, pezas de coiro, xabróns artesanais, alimentos de comercio xusto, plantas aromáticas, cestos de vimbio e madeira tallada. Respecto á procedencia, aínda que na súa maioría os participantes son de Vigo, hai tamén artesáns de Nigrán, Pontecaldelas, Santiago, Forcarei, Arcade, A Estrada, Mondariz e O Grove.