Caballero ve na factoría de baterías o "complemento imprescindible" á fabricación do coche eléctrico en Vigo
A confirmación de que PSA Peugeot Citroën fabricará coches eléctricos en Balaídos -en colaboración con Mitsubishi- supón para o alcalde "anclar o futuro do automóbil en Vigo", tanto no coche tradicional como no eléctrico. Xunto a esta nova, o "complemento imprescindible" para a cidade sería a factoría de baterías que Mitsubishi estuda ubicar no Porto Seco. Caballero foi prudente pero aseverou que nesta decisión "case todo apunta a Vigo".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que a factoría de baterías que Mitsubishi estuda ubicar no Porto Seco de Salvaterra-As Neves sería o "complemento imprescindible" á fabricación en Vigo de coches eléctricos, xa confirmado por PSA Peugeot Citroën para finais de 2012.
Caballero explicou que o ensamblaxe en Balaídos de dous vehículos comerciais eléctricos supón "anclar o futuro do automóbil en Vigo" tanto nunha persectiva tradicional como no eléctrico. "Vigo constitúese como un dos grandes centros mundiais" neste ámbito, afirmou.
O alcalde ve na fábrica de baterías o "complemento imprescindible" á decisión de PSA, en colaboración con Mitsubishi, de fabricar coches eléctricos na cidade olívica, e indicou que "case todo apunta a Vigo" para a súa definitiva implantación. Caballero falou hoxe co Ministerio de Industria para perfilar a "estratexia" que sitúe en Vigo a planta de baterías de litio.
En canto á cidade de Vigo, Abel Caballero avanzou que en "non moito tempo" estarán listas as ordenanzas municipais que regularán o uso do vehículo eléctrico na urbe e anunciou que en novembro Vigo acollerá unha convención estatal sobre a cuestión coa participación dos principais municipios españois.
Descargar todas as imaxes