O tenente de alcalde di que hai mellores opcións para o atraque do transporte de ría que a elixida polo Porto
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, solicitará unha entrevista coa presidenta da Autoridade Portuaria para abordar a situación dos usuarios do transporte de ría tras a decisión do cambio do atraque. O nacionalista, que mantivo hoxe unha reunión coa Plataforma polo Transporte de Ría, afirma que hai outras posibilidades que causarían menos incomodidades aos viaxeiros.
Santi Domínguez dixo compartir a posición da plataforma a respecto da ubicación elixida. Defendeu que os usuarios do transporte de ría "deben ser tratados co mesmo respecto que calquera outro usuario do Porto". Por iso, o nacionalista lamentou que se aposte por mellorar a chegada dos cruceristas -iniciativa que non cuestionou- pero non se teña o mesmo interese en ofrecer uns servizos axeitados aos viaxeiros de ría.
O tenente de alcalde considera que esta decisión sobre o atraque do transporte de ría "é unha mostra máis da improvisación da Autoridade Portuaria" e consecuencia da falta de un documento que planifique os espazos portuarios. Santi Domínguez indicou que, segundo os usuarios, o Porto non ofrecen argumentos que xustifiquen a opción elixida. Cuestionou tamén que se optara por unha zona aberta que no inverno vai resultar moi molesta para os viaxeiros e que no verán pode ter problemas polo tráfico marítimo de embarcacións deportivas.
Santi Domínguez pedirá á presidenta da Autoridade Portuaria que reconsidere a súa decisión e que opte pola "vía dialogada" cos usuarios para buscar unha mellor ubicación. "Eles teñen outras alternativas que poden ser máis válidas", adiantou.
Descargar todas as imaxes