O goberno local demanda á Xunta infraestruturas e medios materiais e humanos no ensino público vigués
Os grupos municipais que conforman o goberno municipal aprobaron hoxe luns, a iniciativa socialista, sendas mocións educativas nas que se insta ao goberno autonómico a investir na reforma de centros escolares, comedores e na construcción de novos colexios, ademais de dotalos de recursos materiais e humanos para atender as necesidades do ensino público de Vigo.
O grupo municipal socialista obtivo o respaldo do BNG e a oposición do PP nas dúas mocións presentadas ao Pleno da Corporación deste luns en materia educativa, instando á Xunta de Galicia a mellorar as infraestruturas e os medios do ensino público da cidade olívica.
No primeiro dos textos aprobados, o goberno láiase de que no inicio do curso escolar "aínda non teñamos coñecemento das obras imprescindibles e comprometidas a realizar nos colexios públicos de Vigo por parte da Xunta de Galicia". Estes son a substitución de materiais e a ampliación das instalacións dos centros -entre outros o Pombal e o Daniel Castelao-, o investimento en alomenos sete comedores escolares e na construcción de novos edificios para o Altamar, o Vicente Risco e o Caixanova.
A segunda moción aprobada demanda da Xunta de Galicia que "aforrar na educación en tempos de crise non pode ser unha opción", polo que ínstase ao goberno de Núñez Feijóo a proporcionar "cantos ciclos formativos e bacharelatos sexan necesarios", tamén o "profesorado necesario e de apoio para a atención á diversidade do alumnado" e por último a "información e a formación axeitada" aos educadores para o emprego axeitado da tecnoloxía, "así como o apoio de especialistas aos centros para o correcto funcionamento dos materiais informáticos".