Escoitar

O goberno aproba no Pleno a anulación de sancións da zona azul co pago de 5 e 7 euros

Os votos do goberno local aprobaron a modificación da ordenanza da Xestión do Estacionamento Regulado (XER), a chamada zona azul, para que os infratores sancionados por non ter tique ou por superar o máximo de dúas horas de estacionamento permitido poidan evitar a sanción de 30 e 45 euros con pagos de 5 e 7 euros, respectivamente, na primeira hora despois da sanción. "Queremos facilitar as cousas", asegurou o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño.

luns, 27 set 2010
O Pleno da Corporación Local -cos votos favorables de PSOE e BNG e a oposición do PP- aprobou este luns a modificación da ordenanza da XER para ampliar as posibilidades de anulación das sancións en dous novos supostos.

Ata o momento, na primeira hora despois da sanción, o infrator podía evitar a multa co pago de 2,3 euros no caso de exceder o tempo previsto no tique. Co cambio validado cos votos do goberno local, aquel que careza de tique ou supere o tempo máximo permitido de dúas horas de estacionamento nun mismo sector da zona azul poderá tamén anular a multa cun pago de 5 ou 7 euros nos primeiros sesenta minutos.

Estes dous supostos conlevaban ata o momento sancións para o condutor de 30 e 45 euros respectivamente, que o Concello quere evitar porque "en absoluto" o afán municipal é recadatorio, senón que procúrase "facilitar as cousas" para que o estacionamento regulado "siga funcionando" como ata o de agora.

O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, recordou na súa intervención ante o Pleno que o obxectivo municipal é a rotación das prazas de estacionamento no centro da cidade, e indicou asemade que as multas en Vigo son as máis baratas de Galicia, tras o que citou o exemplo de Pontevedra onde págase 100 euros pola infración.

O grupo municipal do Partido Popular opúxose á modificación por entender que é "un paso atrás" nun servizo que funciona "razoablemente". Asegurou o seu voceiro en asuntos de transporte, Antonio Coello, que a medida é "absurda e innecesaria", "empeora as condicións do tráfico" e "rompe o equilibrio financiero do servizo" ao eliminar un sector de aparcamento regulado. O PP instou ao goberno local a "repensar" esta decisión.