O Concello reduce en 2011 as taxas de asistencia domiciliaria e mantén as de garderías e centros para maiores
O Pleno da Corporación ratificou este luns as ordenanzas fiscais para o próximo ano. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal.
Os votos do goberno local aprobaron hoxe luns no Pleno as ordenanzas fiscais para 2011 que actualizarán os impostos municipais cun IPC do 1,5%, excepto as taxas de garderías e centros para maiores, e reducirá nun 1,31% os de asistencia domiciliaria.
Con estas medidas "vaise reducir a carga fiscal para os cidadáns", sinalou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, quen recordou que Vigo é a gran cidade galega con menor carga para os seus habitantes e ocupa un lugar de privilexio no contexto estatal, onde en Vigo págase a metade que en Madrid, exemplificou a socialista.
A edil explicou que Vigo foi a única cidade de España que aplicou en 2010 unha reducción dos seus impostos tras a aplicación dun IPC negativo do 0,2%, o que non se fixo noutras urbes españolas. Ademais, recordou Díaz que as bonificacións introducidas polo actual goberno local benefician a unhas 10.000 familias.
O teniente de alcalde e voceiro do BNG, Santiago Domínguez, asegurou que "o goberno está a actuar con coherencia política" en materia fiscal, aplicando "unha liña política e estratéxica de esquerdas" que redistribúe os recursos en beneficio dos máis desfavorecidos. Domínguez concluíu que a política fiscal municipal é "progresista, de esquerdas e para a xente".
O voceiro de Economía do Partido Popular, Jorge Conde, cualificou ao goberno de "cobardes políticos" por non recoñecer que suben os impostos un 1,5%, igual que -afirmou- aconteceu este ano. Conde dixo que, desde a chegada do actual goberno, a taxa de basura subíu un 8% e o Imposto de Bens Inmobles un 9% en total.