martes, 28 set 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, manifestou este martes que coa creación do Vigo Convention Bureau a cidade está a seguir os pasos iniciados hai 17 anos por Barcelona no obxectivo de potenciar o turismo. O nacionalista asegurouno nunha comparecencia conxunta co director xeral do Consorcio de Turismo de Barcelona, Pere Durán.
martes, 28 set 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que o vindeiro venres comeza a programación estable de artes escénicas do Auditorio Municipal, "cumprindo o noso compromiso". Na presentación do programa do primeiro mes e medio, que se desenvolverá do 1 de outubro ao 15 de novembro, o nacionalista salientou que o remodelado auditorio acollerá espectáculos teatrais, música e danza, para os que se poden mercar as entradas na web www.laboleria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.
martes, 28 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, solicitará unha entrevista coa presidenta da Autoridade Portuaria para abordar a situación dos usuarios do transporte de ría tras a decisión do cambio do atraque. O nacionalista, que mantivo hoxe unha reunión coa Plataforma polo Transporte de Ría, afirma que hai outras posibilidades que causarían menos incomodidades aos viaxeiros.
martes, 28 set 2010
A concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago programou para o pasado e o próximo domingo unha serie de actividades para que os nenos e nenas de entre 8 e 17 anos coñezan a riqueza da Ría de Vigo e fomentar a actividade saudable en medios de desprazamento que non contaminen o entorno. Os participantes aprenderon as nocións básica de vela lixeira e kaiac e levaron a cabo unha solta das especies máis significativas da ría a cargo de oceanógrafos e biólogos.