luns, 27 set 2010
O Pleno da Corporación ratificou este luns as ordenanzas fiscais para o próximo ano. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal.
luns, 27 set 2010
O Pleno da Corporación aprobou hoxe luns, a proposta do BNG, unha moción instando ao Ministerio de Fomento a que asuma o compromiso de recolocar a todo os traballadores que nos últimos meses foron despedidos das obras do túnel do AVE As Maceiras-Vigo. Igualmente se demanda do Goberno do Estado que obrigue ás empresas adxudicatarias á cumprir a normativa laboral e as medidas de seguridade nas obras tendo en conta a representación sindical dos traballadores.
luns, 27 set 2010
Os grupos municipais que conforman o goberno municipal aprobaron hoxe luns, a iniciativa socialista, sendas mocións educativas nas que se insta ao goberno autonómico a investir na reforma de centros escolares, comedores e na construcción de novos colexios, ademais de dotalos de recursos materiais e humanos para atender as necesidades do ensino público de Vigo.
luns, 27 set 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, resaltou hoxe no pleno da corporación municipal que Vigo é a primeira cidade galega en contar cun Plan das Migracións e Convivencia Intercultural. A edil do BNG defendeu a necesidade de que Vigo conte con esta ferramenta para potenciar "a integración das persoas estranxeiras", xa que é a cidade galega con máis persoas inmigrantes empadroadas, cun total de 17.000.
luns, 27 set 2010
A moción presentada polo PP foi respaldada polo goberno local e reclama ao Concello "por en marcha no menor tempo posible os puntos limpos que necesita a nosa cidade". Por outra banda, a oposición tamén recabou a unanimidade plenaria para "rematar, presentar e executar o Plan Especial de Protección da fortaleza de Santa María e o Plan Director do Monte do Castro".