venres, 10 feb 2006
Chegar aos cen anos de vida é algo pouco frecuente. Eduardo Estévez vén de cumprir un século e a alcaldesa, Corina Porro, estivo hoxe venres no seu domicilio na avenida de Portanet para felicitalo, entregándolle un ramo de flores coas cores de Vigo e colocándolle a medalla da cidade.
martes, 24 xan 2006
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe luns na Casa do Concello coa cónsul de Portugal en Vigo, Maria Regina Flor de Almeida, para tratar da próxima visita que o embaixador luso, José Filipe Morais, fará á nosa cidade.
martes, 27 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro, e o reitor, Domingo Docampo asinaron o convenio polo que a Universidade comprométese á entrega e disposición do Concello dos edificios que compoñen a actual sede do reitorado antes do 1 de marzo de 2006. O edificio albergará as dependencias da alcaldía e oficinas de Deputación Provincial e da Mancomunidade.
martes, 27 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro e a conselleira de Cultura e Deportes, Anxela Bugallo asinaron un protocolo de intencións para a musealización e posta en valor dos restos arqueolóxicos atopados no solar número 41 da rúa Marques de Valladares.
mércores, 21 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe mércores os nenos ingresados na unidade de Pediatría do Hospital Xeral para entregarlles regalos, acompañada de representantes da Policía Local.
venres, 9 dec 2005
A alcaldesa Corina Porro presentou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do proxecto "Vigo Dixital" incluído no programa "Cidades Dixitais", cun orzamento de 700.000 euros.
venres, 2 dec 2005
Ás 20 horas do venres día 2 de decembro encéndese o alumeado de Nadal que este ano contou coa colaboración dos comerciantes para determinar as zonas do municipio que deberían ter alumeado natalicio.
xoves, 1 dec 2005
A rúa González Sierra, no entorno das Travesas, abriuse ao tráfico tralo remate das obras de humanización que executou o Concello de Vigo en colaboración coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia cun investimento de 388.199 euros.<br />
mércores, 23 nov 2005
A Feira Internacional da Industria Naval "Navalia", que se celebrará no Ifevi do 23 ao 25 de maio, foi presentada hoxe mércores pola alcaldesa, Corina Porro, como unha oportunidade de promoción para o sector naval vigués, cuxos niveis de produción e emprego o sitúan como líder a nivel español.
O sábado os accesos ao peirao da Estación Marítima estarán pechados entre as 10:30 e as 12:00 da mañá
venres, 11 nov 2005
Con motivo da saída da Volta ao Mundo a Vela da cidade de Vigo, mañá sábado, 12 de novembro, lembramos as seguintes medidas que se van a adoptar, de interese para todos os cidadáns. Unhas medidas excepcionais pola visita de S. M. El Rey.