O futuro centro de saúde de Navia terá 17 consultas en medicina xeral e tres en pediatría para atender a 30.000 habitantes

xoves, 19 xul 2007

O futuro Centro de Saúde de San Paio de Navia, proxectado para atender a unha poboación de 30.000 habitantes, contempla 17 consultas de medicina xeral e tres de pediatría. Así o salientou hoxe xoves en Vigo a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, na presentación do proxecto arquitectónico do centro, na que tamén estivo presente o alcalde da cidade , Abel Caballero Álvarez.

O presidente do Goberno de España presentou en Vigo o balance en I+D+i

xoves, 12 xul 2007

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, presidiu hoxe no porto de Vigo o acto de conmemoración dos "Dous anos de Ingenio 2010", a estratexia de I+D+i do Goberno. O presidente que foi recibido polo alcalde da cidade, Abel Caballero, e estivo acompañado pola vicepresidenta primeira do Goberno, os ministros de Educación e Ciencia, Industria, Turismo e Comercio, Administracións Públicas, Sanidade e Consumo, Vivenda , do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño e conselleiros do goberno de Galicia.

Presentación do novo buque de investigación pesqueira "Miguel Oliver"

venres, 6 xul 2007

A Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, presentou o venres, en Vigo, o novo buque de investigación pesqueira e oceanográfica do MAPA que leva o nome de "Miguel Oliver". Ó acto asistiron o alcalde, Abel Caballero e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, ademais doutros membros do goberno municipal.