Caballero data a apertura das instalacións deportivas da ETEA para comezos de abril
O alcalde de Vigo visitou este xoves os traballos de reforma e acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA, onde estimou que a inicios do próximo mes de abril poderán estar abertas ao público. Esta reforma integral, "das máis demandadas desta cidade", conleva un investimento de 850.000 euros para a mellora da piscina, o pavillón deportivo, os vestíbulos e accesos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este xoves que as instalacións deportivas da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) estarán dispoñibles para a "plena utilización" da cidadanía a comezos de abril.
O rexedor visitou esta mañá os traballos de acondicionamento e reforma integral dos accesos, 850.000 euros para mellorar os accesos, o vestíbulo, os vestiarios, a piscina e o propio pavillón deportivo. Esta obra era "unha das máis demandadas desta cidade" e incluirá a primeira piscina habilitada en Vigo para natación sincronizada.
O campo de fútbol será acondicionado para o seu uso con herba natural e non artificial á espera de que a Xunta de Galicia decida os usos deste e dos espazos que lle corresponden na ETEA.
O alcalde cualificou de "boa nova" a recuperación das instalacións deportivas da ETEA para a cidadanía viguesa, e recordou que este goberno abriu o recinto para os vigueses e ampliou a praia de A Punta este verán.
Zonas verdes
Por outra banda, o alcalde informou da aprobación en Xunta de Goberno Local da restauración de tres lavadoiros no barrio de Teis, por valor de 32.000 euros. Ademais, aprobáronse 11 actuacións en materia de parques infantís e acondicionamento de zonas verdes por valor de 500.000 euros e que estarán listas nuns "tres ou catro meses".
Caballero manifestou asemade que o proxecto de museo da Batalla de Rande é moi "consistente" e avogou por traballar conxuntamente entre Concello e os arqueólogos impulsores e así estudar posibles localizacións e o seu desenvolvemento, aínda que explicou que é unha cuestión a estudar "moi a fondo". A xuízo do rexedor, esta iniciativa poderá ser un factor de "potenciación turística".
Descargar todas as imaxes