Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá venres unha comedia con música en directo a cargo da compañía Elefante Elegante Teatro

A programación estable das artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no remodelado Auditorio Municipal continúa mañá, 10 de decembro, coa obra "O forno", unha comedia xestual que inclúe música en directo. A actuación, a cargo da compañía Elefante Elegante Teatro, será ás 21 horas e o prezo das entradas é de 7 euros. Pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.

xoves, 9 dec 2010
"O forno" é un espectáculo musical sobre a sociedade de consumo contemporánea. Baixo a dirección de María Torres e Goncalo Guerreiro, Elefante Elegante Teatro narra a historia da aldea Flordelís. Os habitantes reúnense arredor do forno para amasar e cocer un gran pan que será compartido por todos. Mais un día, a comerciante ten a idea de facer un pan só para ella. A reacción en cadea e as consecuencias serán catastroficamente divertidas.

O programa completo de actuacións que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural pódese consultar na web www.vigocultura.org.