xoves, 9 dec 2010
O alcalde de Vigo visitou este xoves os traballos de reforma e acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA, onde estimou que a inicios do próximo mes de abril poderán estar abertas ao público. Esta reforma integral, "das máis demandadas desta cidade", conleva un investimento de 850.000 euros para a mellora da piscina, o pavillón deportivo, os vestíbulos e accesos.
xoves, 9 dec 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves as iniciativas que o seu departamento ten posto en marcha destinadas aos colectivos máis desfavorecidos da cidade. Na presentación destas medidas, a concelleira nacionalista anunciou que o dispositivo de emerxencia contra o frío estará aberto dende hoxe durante doce horas diarias, en horario de 21 a 9 horas.
xoves, 9 dec 2010
O alcalde de Vigo e Óscar Pereiro reuníronse este xoves para estudar as posibles vias de cooperación na cidade olívica do Concello coa Fundación que dirixe o ciclista de Mos. Segundo apuntou Caballero, as accións conxuntas irán destinadas a fins sociais -particularmente a recabación de fondos contra o cancro- e tamén se estuda a promoción do uso da bicicleta entre a xuventude viguesa.
xoves, 9 dec 2010
A concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este xoves dous campamentos de Nadal destinados a rapaces e rapazas que se desenvolverán na Casa das Mulleres e no museo Verbum. Segundo destacou a edil do BNG, é "a primeira ocasión" que se ofrecen estas actividades na época de Nadal, que teñen por obxectivo "ofrecer actividades de lecer aos cativos e cativas que sexan medidas de conciliación da vida laboral e familiar".
xoves, 9 dec 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo hoxe un chamamento aos vigueses e viguesas para que participen na quinta edición da Subida ao Castro, que se correrá o vindeiro domingo, 12 de decembro ás 12 horas, con saída dende o Náutico e chegada ao Castelo de San Sebastián. O nacionalista destacou que nesta convocatoria hai xa 250 corredores inscritos, cifra que calificou de "un récord para esta proba". O prazo de inscrición está aberto ata mañá no centro comercial Gran Vía de forma gratuita.
xoves, 9 dec 2010
A programación estable das artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no remodelado Auditorio Municipal continúa mañá, 10 de decembro, coa obra "O forno", unha comedia xestual que inclúe música en directo. A actuación, a cargo da compañía Elefante Elegante Teatro, será ás 21 horas e o prezo das entradas é de 7 euros. Pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo do espectáculo.
xoves, 9 dec 2010
Abel Caballero recibiu na tarde deste xoves aos membros da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", entidade que aproveitou a visita para presentar á nova xunta directiva. Durante preto dunha hora alcalde e membros da Federación realizaron un repaso aos proxectos de El Olivo e a temas de actualidade.