Escoitar

O alcalde anuncia a "inminente" inauguración da humanización de Escultor Gregorio Fernández

Así o asegurou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras visitar na mañá deste martes os traballos que se están a levar a cabo nesta rúa. Caballero explicou que a inversión de 1,2 millóns de euros da resposta as necesidades dun estrada que estaba nun "estado lamentable e moi deteriorada". O rexedor mantén que a principios de xaneiro o arquitecto Thom Mayne estará en Vigo para presentar o proxecto da nova estación de Urzáiz que terá a súa entrada á altura desta rúa.

martes, 7 dec 2010
1291730150escultor2.JPG
O alcalde de Vigo insistiu en que Escultor Gregorio Fernández manterá os aparcamentos en superficie e segundo apuntou quedan aínda pendentes pequenos retoques como plantas en beirarrúas ou palmeiras nunha humanización que inclúe máis de 40 árbores e 26 luminarias. Caballero amosouse gratamente sorprendido polo traballo de xardinería levado a cabo xa que Escultor Gregorio Fernández conta agora cun espazo definido polo rexedor coma "un oasis no medio da cidade".

O rexedor reiterou que a principios do mes de xaneiro estará na cidade o arquitecto Thom Mayne para presentar o proxecto da nova estación de Urzáiz, cuxa entrada estará a altura desta rúa.
Descargar todas as imaxes