Escoitar

Anuncio corte de tráfico en Doctor Cadaval

venres, 3 dec 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de formigonado, a realizar pola
empresa EIRIÑA, estará pechado ao tráfico o cruzamento da rúa DR CADAVAL con LOPEZ DE NEIRA, con acceso exclusivo para taxis e garaxes, dende o martes 07 de decembro de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Mentres dure a obra non se permitirá o aparcamento na rúa López de Neira (treito entre Dr Cadaval e
Progreso) que terá dobre sentido para acceso aos garaxes e Carga Descarga. O acceso dos taxis e aos garaxes de López de Neira e Dr Cadaval será polas rúas Dr Cadaval e Lugo e a saída será pola rúa Dr Cadaval e Porta do Sol.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.