venres, 3 dec 2010
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño entregaron na mañá deste venres os diplomas a seis policías locais xubilados que adicaron 40 anos da súa vida "a traballar con gran empeño". O rexedor eloxiou a labor dos case que 400 efectivos locais que percorren a diario as rúas da cidade.
venres, 3 dec 2010
O tenente de alcalde, presentou este venres o Supercross Freestyle de Vigo, que terá lugar o vindeiro 18 de decembro a partir das 18 horas no recinto feiral Ifevi. O nacionalista asegurou que é un dos maiores "espectáculo de motor celebrado na cidade". O evento contará coa presenza de grandes figuras do supercross co obxectivo de "continuar a nosa aposta de traer a Vigo grandes eventos".<br />
venres, 3 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, entregaron este venres os premios da primeira edición do concurso "Eu tamén podo", celebrado con motivo da conmemoración hoxe do Día Internacional da Discapacidade. Tras a lectura do manifesto por parte de dous representantes de colectivos de persoas con discapacidade, o nacionalista destacou que "non hai barreiras, as barreiras creámolas nós", tras ollar as obras de arte presentadas.
venres, 3 dec 2010
A programación estable das artes escénicas do Auditorio Municipal propón este fin de semana dúas representacións teatrais. Mañá sábado, 4 de decembro, a compañía Trasnada interpretará a obra para público adulto "Post-Magritte" ás 20.30 horas. O domingo día 5, ás 18 horas, os nenos e nenas poderán ver "Valentino Rufino e Akil Pillabán de Viaxe a Milán", a cargo de Talía Teatro. Na web www.vigocultura.org pódese consultar o programa completo de actuacións que organiza a Concellería de Cultura.<br />
venres, 3 dec 2010
O mercado de produtos tradicionais galegos, que habitualmente se celebra os primeiros domingos de cada mes no Paseo de Alfonso adíase ata o vindeiro 10 de decembro de 11 a 14 horas. Segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico, a decisión de este aprazamento é debida ás malas condicións climatolóxicas previstas para ese día.