Escoitar

Caballero avanza que a humanización de Pizarro estará rematada en tres semanas

Abel Caballero visitou na mañá deste xoves os traballos de remodelación integral de Pizarro, rúa na que o goberno municipal está a investir 6,5 millóns de euros. Abel Caballero avanzou nesta visita que este próximo sábado abrirase definitivamente a zona verde da zona alta de Pizarro e que o barrio de Ribadavia contará cunha gardería municipal

xoves, 2 dec 2010
1291298092pizarro.JPG
O alcalde de Vigo, visitou na mañá deste xoves os traballos de humanización da rúa Pizarro que se acometen entre a Praza de Isabel a Católica e Urzáiz onde asegurou que as obras estarán concluídas en dúas ou tres semanas. O investimento nesta fase ascende a 2 millóns de euros que se suman a unha primeira fase de 3 millóns de euros e aos traballos que se están a levar a cabo nas rúas Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador.

Tal e como explicou Caballero a humanización totaliza 6,5 millóns de euros que "delimitan unha nova zona de expansión", apuntou. "A humanización conecta co remodelado barrio do Calvario, coa zona de Urzáiz e Travesía de Vigo". O alcalde felicitou a empresa polo "magnífico" traballo que está a levar a cabo e saudou a cooperación dos veciños polas "molestias" que ocasionan as obras.

Ademais Abel Caballero avanzou que o próximo sábado abrirase definitivamente a zona verde de Pizarro tras recibir no día de hoxe os "últimos documentos para o visto e prace de Urbanismo", indicou o rexedor. Pizarro quedará "expedito", tal e como afirmou, tras indicar que o barrio de Ribadavia "contará tamén con gardería municipal"
Descargar todas as imaxes