Caballero subliña que o Concello concedeu licenza nas últimas semanas a 720 vivendas de protección oficial
O alcalde fixo hoxe mércores entrega da licenza de primeira ocupación á cooperativa de vivendas protexidas que promove da Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" en Navia. En total, sumadas as iniciadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e polo sindicato UGT, o Concello deu nas últimas semanas licenzas para "720 vivendas libres de especulación". "Este é o modelo que queremos facer en toda a cidade de Vigo", concluíu.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe mércores entrega formal das licenzas de primeira ocupación das 192 vivendas de protección que promove a Federación de Veciños "Eduardo Chao" en Navia.
Nas últimas semanas, afirmou o rexedor vigués, o Concello deu autorizacións a 720 pisos protexidos na cidade, sumados os que promove o sindicato UGT, os do Instituto Galego de Vivenda e Solo e os da Federación Veciñal; "720 vivendas libres de especulación".
"Ese é o modelo que queremos facer en toda a cidade de Vigo", explicou Abel Caballero, "vivendas magníficas" a prezo taxado. O alcalde volveu reclamar á Xunta de Galicia que adecúe os espazos entre os edificios e as zonas verdes da súa competencia en Navia, xa que son "barrizais" nun barrio onde habitan sobre 15.000 persoas actualmente.
Xunto ás 720 vivendas, o primeiro edil indicou que o Concello recibiu definitivamente as obras de urbanización da segunda fase de Roteas, 47 vivendas de promoción pública que están "a punto" de obter licenza de primeira ocupación.
Caballero asegurou que o goberno local traballa para resolver os problemas restantes nas vivendas de Barreiro promovidas pola FAVEC. Os propietarios acordaron con FENOSA e o Concello está a solventar un problema cun transformador; dificultades ambas que causaron que "100 vivendas que innecesariamente tiveron que sufrir unha etapa difícil debido á ausencia de subministro eléctrico".
"O proceso de establecemento de vivenda protexida nesta cidade está marchando e o proceso masivo de concesión de licenzas marcha razoablemente ben", zanxou o alcalde.
Aluguer municipal
O alcalde de Vigo anunciou que o Concello porá en aluguer en réxime de protección a gran maioría das 38 vivendas de promoción autonómica en Navia que lle corresponde á administración municipal.
Segundo explicou, algúns destes pisos serán destinados a realoxos e o resto serán dispostos polo goberno local para dar resposta á "moita demanda" existente de aluguer en Vigo, en particular entre a xuventude. Caballero avanzou que realizarase unha lista de demandantes para proceder ao concurso das vivendas.
Descargar todas as imaxes