Escoitar

Santi Domínguez anuncia que o Mickey's Music Festival dá a saída o xoves ao programa navideño da Tenencia de Alcaldía

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes o espectáculo Mickey's Music Festival, que traerá ao Ifevi aos clásicos de Disney do 2 ao 5 de decembro, cuns prezos que oscilan entre os 18 e os 27 euros. O nacionalista destacou que é un espectáculo destinado ao goce dos nenos e nenas e, en xeral, do público familiar, co que a Tenencia de Alcaldía da a saída a súa programación navideña

martes, 30 nov 2010
1291124880Mickey.JPG
"Cando vimos a posibilidade de traer a Vigo o Mickey's Music Festival non o pensamos dúas veces", afirmou o tenente de alcalde na presentación, na que tamén participou Nicolás Deuna, xerente de Proactiv, empresa organizadora. Asegurou que é un "grandísimo espectáculo, como xa puideron comprobar en Madrid e Barcelona" que permite que os nenos e nenas non teñan que desprazarse fóra para presenciar eventos deste nivel.

Os días 2 e 3 decembro as funcións serán ás 18.30 horas, mentres que os días 4 e 5 haberá espectáculo ás 12 , 16 e 19 horas. Os prezos das entradas son 18 euros en tribuna B, 24 euros en tribuna A e 27 euros en platea, e pódense mercar nos centros comerciais de El Corte Inglés, no teléfono 902 400 222 e a través da web www.elcorteingles.es/entradas.

Santi Domínguez salientou que a celebración do musical de Disney na cidade tamén cumpre cos obxectivos de promoción de Vigo e a consolidación do recinto feiral, xa que é a primeira vez que un espectáculo de Feld Entertainment estréase a nivel mundial fóra dos Estados Unidos, polo que agradeceu a Proactiv que elixira Vigo para traelo. "Cremos que ese esforzo ten a razón de ser de que estea abarrotado de nenos e nenas e pais e nais", destacou.

Respecto ao espectáculo comentou que de Disney "non hai moito que falar", xa que son personaxes e músicas moi coñecidas. "Queremos que toda a maxia e a ilusión se trasladen ao recinto feital", apuntou. O tenente de alcalde avanzou que con este musical e o acendido do alumeado navideño o venres 3 de decembro comezan as diversas actividades organizadas dende a Tenencia de Alcaldía para a época navideña.

O xerente de Proactiv, polo súa banda, agradeceu á axuda da Tenencia de Alcaldía "porque sen ela sería imposible organizar o espectáculo". Explicou que é un espectáculo teatral "de gran formato" pero que non se presenta en teatros "polo seu gran tamaño", xa que ten 24 metros de boca. Debido a estas condicións, a organización elixe polideportivos e recintos feirais como o Ifevi.

Nicolás Deuna salientou que Mickey's Music Festival é un espectáculo no que as personaxes máis queridas de Disney interpretan as cancións máis coñecidas da factoría "pero mezcladas con cancións modernas". Arredor de 10.000 vatios de potencia e máis de 100 instrumentos de iluminación interactúan no musical ao estilo dos musicais de Broadway.

O xerente de Proactiv apuntou que xa van máis de 10.000 entradas vendidas, das que o 15% corresponden a persoas de fóra de Vigo, procedentes de cidades como Santander, Zamora, Barcelona ou Madrid. Ademais, apuntou que dende que se estrenou o espectáculo no mes de septembro xa foi visto por máis de 140.000 persoas, "polo que estamos moi contentos que nunha época de crise como ésta os nosos clientes manteñan a fidelidade".
Descargar todas as imaxes